En el Foro ...

Nostalgicos Alemania2006

Goles España Mundial
MARADONA-RONALDINHO
OS: Linux h
PHP: 5.2.6
MySQL: 5.0.54-log
Hora: 00:09
Caching: Disabled
GZIP: Disabled
Usuarios: 169
Noticias: 1536
Enlaces: 21

- Suscripción RSS -

powered_by.png, 1 kB
dic 31 2006
5 millones en 2007 Carreteras Imprimir E-Mail
domingo, 31 de diciembre de 2006
 

Escrito por Administrator,

Visitas : 82015

Case a metade do orzamento gastarase na mellora da AC-211 da Ponte da Pasaxe ao Seixal

O Plan de Seguridade Viaria prevé reducir o risco das vías de toda Galicia cun investimento de 2.800 millóns de euros proxectados para os vindeiros catro anos 

Un total de 12.365 persoas morreron nos últimos vinte e cinco anos nas estradas galegas. A Xunta quere contrarrestar esta situación, e para iso vai poñer en marcha o Plan de Seguridade Viaria 2006-2010, que prevé un investimento de máis de 2.800 millóns de euros. Con el, o goberno galego pretende reducir nun 40% o número de vítimas en accidentes de tráfico e diminuír a gravidade dos mesmos.

Aínda que o plan prevé actuacións ata o ano 2010, o vindeiro 2007 concretaranse varias obras na comarca de A Coruña, onde está previsto o investimento de case cinco millóns de euros. Entre as actuacións máis relevantes está a proxectada na estrada AC-211 Ponte da Pasaxe-O Burgo-Costa da Tapia-O Seixal, que suporá o reforzo do firme, o repintado, a reposición e colocación de beirarrúas. Ademáis, realizarase unha nova ordenación de interseccións, coa ampliación dun carril máis da estrada sobre a ría de O Burgo e a creación dunha pasarela peonil na ponte sobre a ría. Para elo, o orzamento previsto ascende a 2 millóns de euros.

Actuarase tamén en Cambre remodelando a Costa da Tapia, ademáis de na travesía de Pravio e no cruce de Catro Camiños.

Outras intervencións de seguridade viaria na comarca afectarán á glorieta de intersección en A Telva, no concello de Culleredo, mentres que en Arteixo levaránse a cabo melloras nas travesías de Vilarrodís e de Meicende.

Os traballos afectarán tamén ás chamadas estradas de baixa intensidade, onde se investirán case 3 millóns de euros, como a AC-400, de Sigrás a Muros, e as vías incluidas no plano de conservación, polo que se reforzará o firme da carretera que vai de San Pedro de Nós a Cecebre, no municipio oleirense, e tamén na AC-182 do Espíritu Santo a Oleiros. No mesmo concello, os operarios traballarán tamén na AC-183, en Arillo, e as palas chegarán tamén ó municipio de Bergondo, onde se executará o novo acceso ao Centro de Minusválidos.

Revisado el : 31-12-2006 20:27

   

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Sólo los usuarios registrados pueden comentar un artículo. Por favor, haz login o regístrate.

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Anterior   Siguiente >
© Aradas 2010 El Burgo en La Coruña Culleredo
| TARIFAS |Política Privacidad | Agradecimientos a los vecin@s participantes.|

noticias del burgo | curiosidades | actividades varias | relacionadas culleredo | bng | destacadas | cuestiones generales | asoc.progresista de culleredo | onosoburgo | ocio eventos | eventos cultura | aportes usuarios | sección comica