Convocada e efectuada
para o xoves 4 de marzo de 2010,
unha asemblea xeral extraordinaria
na que participaron as seguintes asociacións veciñais:
O Noso Burgo, Rio Trabe,
Rutis-Vilaboa, Amigos da Corveira, Castelo, Sueiro, Sésamo Almeiras, Orro,
Bregua.
Tema único a tratar "O proxecto
de ampliación en 400 metros de pista no Aeroporto de Alvedro-A Coruña".
Os acordos que se acadaron nesta xuntanza viñeron derivados pola forma
no que o Minsiterio de Fomento trata ás persoas afgectadas no Concello de
Culleredo. Presentáronse alegacións ao estudo de impacto Médio Ambiental tanto
de xeito individual como de xeito institucional, sirva de exemplo as alegacións
que presentou o Concello de Culleredo, as que presentaou a asociación O Noso
Burgo ou as que presentou a Confraría de Pescadores de A Coruña, que en total
foron máis de 14.000, que seguen sen ser contestadas,
nestas alegacións recollíanse punto vitais para os veciños residentes, entres
os máis importantes estaban dende logo as indemnizacións aos expropiados, a
obra fariase de noite durante dous anos, iso levaria a que durante dous anos no
noso Concello non habería descanso
póla noite, tamén a insonorización das vivendas en zonas habitadas afectadas
que superen os decibelios de máximo permitido, a recollida de augas e lodos que
se xerarian durante a obra, e un longo etc. de problemas sen contestar nin
resolver, xa sen entrar a valorar a
necesidade da obra!.
As formas e modos nas que o Sr. Ministro de Fomento anunciou a obra e
para nós cando menos que insultante, Anunciou
a licitación da obra de ampliación para o primeiro trimestre do ano e comezo
das obras antes de rematar o presente 2010, nun acto de inaguración da terceira
ronda no Concello de Culleredo, sen contestar a ninguha alegación
presentada, ignorando os problemas
e sufrimentos de todos aqueles que presentaron os seus recursos.
Na presenta xuntanza acórdase
por unanimidade DECLARAR A DON JOSÉ BLANCO PERSOA NON GRATA PARA OS VECIÑOS DE
CULLEREDO, mentres non atenda as reclamacións lexítimas dos veciños residentes.
Unha vez que o señor Ministro cumpla coa Lei, este imnoble título será
retirado.
Ao mesmo tempo tamén se acorda pedir dereito de abeiro ao Valedor do
Pobo póla indefensión á que nos somete o Ministério de Fomento.