En el Foro ...

Nostalgicos Alemania2006

Goles España Mundial
MARADONA-RONALDINHO
OS: Linux h
PHP: 5.2.6
MySQL: 5.0.54-log
Hora: 23:43
Caching: Disabled
GZIP: Disabled
Usuarios: 169
Noticias: 1536
Enlaces: 21

- Suscripción RSS -

powered_by.png, 1 kB
may 08 2007
Culleredo vive a Ría. BNG Imprimir E-Mail
martes, 08 de mayo de 2007
 

Escrito por prensaBNG,

Visitas : 64304




culleredo riaO proxecto Culleredo vive a Ría é un exemplo de xestión integradora e sustentábel, deseñando equipamentos acordes coas necesidades dos veciños e veciñas.

Raquel Jabares, Beatriz P.Mosquera e o Dir.Xeral de Xuventude presentan publicamente os eixes do programa de goberno do BNG de Culleredo.



8maio

 Culleredo 8 de maio de 2006: Hoxe as 18:00h no Hotel Crunia de Fonteculler o BNG de Culleredo ofreceu unha rolda de prensa para presentar o seu programa electoral. Beatriz Pérez Mosquera número tres da candidatura, declarou que nestes comicios o BNG está a facer un grande esforzo por achegar as propostas a xente: envíos masivos do programa electoral, blog, web, reparto de cd´s, camisolas e actos en todas as parroquias do Concello. Beatriz P. Mosquera declarou “ estamos nun Concello no que aínda hai xente que non ten auga corrente, o noso proxecto de goberno ten moi en conta estas necesidades, e antes de plantexar grandes obras faraónicas, que valen máis para alimentar o ego dos gobernantes que para mellorar a vida de xente, solucionaremos o máis básico. O noso punto de partida son os veciños e veciñas, con especial atención á zona rural, as mulleres e a mocidade, sectores esquecidos durante 24 anos de goberno socialista. A partir de hoxe anunciaremos unha medida de goberno cada día, todas elas, realizables e pensadas para a xente.”

Candidata

A candidata á Alcaldía de Culleredo Raquel Jabares, presentou un exemplo do que será a xestión integradora e sustentábel do BNG: o proxecto Culleredo Vive a Ría. A proposta foi elaborada coa colaboración dunha valiosa equipa de técnicos multidisciplinares, partindo das propostas veciñais. Jabares definiu o proxecto como un exemplo de previsión, transversalidade e sobre todo vontade de que os veciños e veciñas poidan vivir con orgullo no seu propio Concello. A Candidata á Alcaldía declarou: “Agora mesmo o paseo da Ría está de costas á xente, e moi complicado o acceso e queda restrinxido para uns poucos. A nosa vontade e dar a volta a esta situación, abrindo o paseo ao todo Culleredo. Contemplamos accesos peonís dende Fonteculler, A Corveira, O Burgo, Vilaboa e Almeiras, incluso para persoas con mobilidade reducida. Apostamos por un tren metropolitano contemplado zonas de aparcadoiros, redeseñando os viais para que sexan máis humanos. A Cross será unha fábrica da cultura interxeneracional con locais de ensaio, salas polivalentes(para teatro, concertos), aulas de estudio, sementeiras de emprego interxeneracionais, rocódromo, clube de actividades náuticas, comedor municipal e aparcadoiro e aluguer de bicicletas entre outros usos, e aproveitando os espazos exteriores no verán.”

VideoElectoral

 


Xa podes ver no blog www.raqueljabares-bng.org o video electoral do BNG e do proxecto CULLEREDO VIVE A RÍA, xunto cas medidas de goberno para MULLER; INFANCIA E MAIORES.

nota prensa BNG recibida 09-may-2007 1:06

 


Revisado el : 03-01-2009 14:55

   

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Sólo los usuarios registrados pueden comentar un artículo. Por favor, haz login o regístrate.

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Anterior   Siguiente >
© Aradas 2010 El Burgo en La Coruña Culleredo
| TARIFAS |Política Privacidad | Agradecimientos a los vecin@s participantes.|

noticias del burgo | curiosidades | actividades varias | relacionadas culleredo | bng | destacadas | cuestiones generales | asoc.progresista de culleredo | onosoburgo | ocio eventos | eventos cultura | aportes usuarios | sección comica