En el Foro ...

Nostalgicos Alemania2006

Goles España Mundial
MARADONA-RONALDINHO
OS: Linux h
PHP: 5.2.6
MySQL: 5.0.54-log
Hora: 23:49
Caching: Disabled
GZIP: Disabled
Usuarios: 169
Noticias: 1536
Enlaces: 21

- Suscripción RSS -

powered_by.png, 1 kB
jun 16 2008
10.000 prazas na Rede Galescolas Imprimir E-Mail
lunes, 16 de junio de 2008
 

Escrito por Mario,

Visitas : 23258


O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, destacou que no que vai de lexislatura as prazas públicas en escolas infantís en Galiza teñen aumentado nun 64%, pasando das 6.595 que se contabilizaban no verán de 2005 ás 10.806 que suman a día de hoxe. Segundo dixo, este incremento, que supón pasar dunha taxa de cobertura do 11,3% a un 17,4%, “non tería sido posible sen a colaboración institucional entre Xunta e Concellos” que se articula a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Así o manifestou Quintana no decurso dun acto no que asinou con alcaldes de toda Galiza os acordos para a integración de 24 novas escolas infantís na Rede Galega de Escolas Infantís Galescola, xestionada polo Consorcio.

O vicepresidente explicou que os obxectivos a acadar neste terreo de aquí ao final de lexislatura pasan por chegar en provincias como Lugo e Ourense ao 33% de cobertura de prazas públicas na educación infantil de 0 a 3 anos que marca a Unión Europea, e por situar a media para o conxunto do País nun 20%. Neste camiño, salientou o importante papel que xoga o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o ente estable de colaboración do que se teñen dotado Xunta e concellos.

  • Novas Galescolas

    A través dos convenios asinados hoxe cos distintos municipios, un total de 24 novas escolas infantís pasan a forman parte da rede Galescola. Os novos centros, que suman un total de 1.185 prazas para a atención de nenos e nenas de cero a tres anos, entrarán en funcionamento no último cuadrimestre deste ano.

    Por provincias, poranse en marcha 5 novas Galescola na provincia da Coruña, cun total de 298 prazas (A Laracha, Carral, Rois, Culleredo e Santiago); 8 novos centros en Ourense, con 261 prazas (Bande, Toén, Viana do Bolo, Xunqueira de Ambía, Castro Caldelas, Ourense, A Bola e Rairiz de Veiga); e outras 11 novas escolas infantís na provincia de Pontevedra, cun total de 626 novas prazas (Baiona, Lalín, Soutomaior, Vila de Cruces, A Illa de Arousa, Moraña, Nigrán, Vigo, Bueu, Gondomar e Salceda de Caselas).

    Todas estas Galescola están xa ou rematadas ou en proceso de finalización de obras. Ademais, xa está en marcha o proceso de dotación de equipamento e o procedemento de contratación de persoal, que suporá a incorporación dun total de 186 profesionais, entre educadores, mestres e persoal de servizos xerais. En total, a Vicepresidencia da Xunta leva investidos nestes centros 7,9 millóns de euros, orzamento ao que hai que sumarlle as achegas do Consorcio destinadas a completar as actuacións. En total os investimentos suman 10,9 millóns de euros.

    O vindeiro curso funcionarán, como mínimo, un total de 58 Galescola, atendidas por un equipo de 472 profesionais e cunha oferta global de 2.733 prazas.

  • Rede de servizos e reequilibrio

    Segundo detallou o vicepresidente da Xunta na súa intervención, estase acadando xa un dos obxectivos centrais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que é o de ampliar a deficiente rede pública de escolas infantís en Galiza. Pero ademais, o traballo realizado está a facer posible que a rede Galescola medre equilibradamente no territorio, dando resposta ás necesidades das grandes cidades e áreas metropolitanas e creando novas expectativas de desenvolvemento no medio rural, polo que supón “un instrumento para a vertebración”.

    Así, o Consorcio ten asumido xa a xestión de novas escolas infantís nas cidades, dando resposta á intensidade da demanda, que se concentra en poboacións como Santiago, Vigo e Ourense. Ademais, a xestión consorciada actívase tamén nas áreas de influencia metropolitana das cidades, grandes focos dinamizadores do país, como son Culleredo, Carral e A Laracha, na Coruña; e Nigrán, Baiona, Gondomar ou Soutomaior, en Vigo. Neste punto, cómpre sinalar o compromiso do Consorcio a prol desta fórmula de xestión nas comarcas do rural e do interior de Galiza, nunha clara aposta por facilitar novas oportunidades para a fixación de poboación e o seu desenvolvemento integral.

  • Equipamentos en 100 concellos

    Quintana sinalou a capacidade de xestión que ten amosado o Consorcio grazas ao traballo man a man entre administracións locais e Xunta. Lembrou que, no ano seu ano e medio de vida, son xa 255 os entes locais integrados no Consorcio, e deles máis de 100 municipios contan a día de hoxe co nalgún equipamento xestionado a través del, entre escolas infantís, equipamentos para a dependencia e oficinas de I+B. “Destes resultados témonos que felicitar todos, Xunta e Concellos, porque sería imposible sen a implicación de todos”


  • Revisado el : 16-06-2008 22:40

       

    Comentarios de usuarios  RSS feed comment
     

    Media de votos

     


    Añade tu comentario
    Sólo los usuarios registrados pueden comentar un artículo. Por favor, haz login o regístrate.

    Ningún comentario guardado



    mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
    < Anterior   Siguiente >
    © Aradas 2010 El Burgo en La Coruña Culleredo
    | TARIFAS |Política Privacidad | Agradecimientos a los vecin@s participantes.|

    noticias del burgo | curiosidades | actividades varias | relacionadas culleredo | bng | destacadas | cuestiones generales | asoc.progresista de culleredo | onosoburgo | ocio eventos | eventos cultura | aportes usuarios | sección comica